Dominante vertical negro con relieves huecos

Dominante vertical negro con relieves huecos

  Dimensións: 195 x 139 cm

Comentario:

     De novo, nesta obra, a linguaxe de Leopoldo Nóvoa condúcenos cara un tipo de abstracción que entronca coas obras de Málevich, Kandinsky ou Marc Rothko. Sobre unha superficie negra, vulnerada unicamente por un rectángulo vertical marrón escuro, abre tres fendeduras, neste mesmo sentido, para marcar un ritmo compositivo. Estes ocos achegan á obra tridimensionalidade, tanto cara ao interior como cara ao exterior, avultando a tea coas tensións en relevo. O baleiro convídanos a especular, imaxinar, incluso ver qué se agocha, e qué misterios se poden ocultar, detrás da superficie que contemplamos. Espazo, materia e luz son os elementos dos que se vale o artista para articular a súa obra, facendo fincapé nas relacións que establecen entre eles, e despoxando ao cadro todo o superfluo.