El Avión

El Avión

  Dimensións: 50x60 cm.

  Técnica: Fotografía en branco e negro ( xelatino bromuro ó selenio).

Comentario:

    "Esa imagen, la de un viejo aeroplano contemplado como entre tinieblas, junto a un edificio. (...) Imagen aeronaútica. (...) Atmósfera de invitación al viaje, y también de atemporalidad, de sentimiento de estar fuera del tiempo"1.     

    El avión de Vari Caramés responde á súa busca dun discurso poético baseado principalmente na selección de encadres nos que abundan os retratos sobre feitos cotiáns. Automóbiles, escaparates, paisaxes, praias e animais domésticos dan boa conta da vida do fotógrafo que amosa sen pudor a través do obxectivo da súa cámara. Caramés fundamenta a súa busca nunha volta ás orixes da fotografía, primando a imprecisión das formas e o encanto de representar literalmente a impresión da luz na materia, pois na súa opinión "Fotografía significa debuxar coa luz: foto-grafía"2. Neste acto creativo trata de incluír o azar como parte do proceso, eludindo a dependencia da técnica e aumentando a frescura da imaxe, que en boa medida depende da atemporalidade das súas fotografías e da súa capacidad descritiva. Unha das preocupacións de Vari é borrar o espazo e o tempo das súas creacións; o uso do desenfoque crea esa sensación de espazos desposeidos, sen identificación precisa e onde, polo tanto, as coordenadas esfúmanse. 

   


1 BONET CORREA, J. M.: Vari Caramés (catálogo), Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela, 2001.

CARAMÉS, V. en Miraxes: Vari Caramés, Centro Cultural Torrente Ballester, Ferrol, 2003.