El Viejo

El Viejo

  Dimensións: 120x84

Comentario:

    Esta obra foi realizada durante o período de formación Corredoyra, que con vinte anos se trasladou a Madrid, onde estudou xunto a Sorolla. Residir en Madrid supoñía para os pintores novos que querían aprender o oficio, a oportunidade de estudar aos grandes mestres españois no Museo del Prado. De aí que esta obra tenebrista nos remita directamente ao naturalismo español do século XVII, que ten como principal representante a Ribera, e non o luminismo do seu mestre.  A influencia de Sorolla percíbese no tipo de pincelada, pero non por iso se desprende da súa esencia barroca, que reside no tratamento da luz. O foco de luz diagonal baña os rostros dos personaxes creando un marcado volume que resalta as faccións, grazas ao contraste co fondo en penumbra, no que só se distinguen un confesionario e elementos arquitectónicos do templo. O volume dos rostros tamén é acrecentado pola pincelada breve e matérica que contrasta coa máis lamida das escuras ropaxes e o fondo. Seguindo a tradición claroescurista do barroco español, a paleta empregada por Corredoyra é moi restrinxida, e está baseada en tons ocres, verdes e negros, e que en absoluto recordan ás explosións de cor dos cadros de Sorolla. 

    Como sinalou Antonio Garrido, a obra presenta unha inscrición na esquina superior dereita co texto: "A mi más alto y admirado amigo Minguez con admiración y agradecimiento. J. Corredoira". Na zona central inclúese novamente a firma, acompañada pola datación da obra, que resulta dubidosa pola forma do último díxito que ben pudiese ser un catro, un sete ou un nove. Segundo o historiador, "la factura del cuadro se puede poner en relación con obras como Rapaz Bañista o Retrato de Tomás Campuzano, ambos de 1907, en los que se advierte una concepción lumínica y cromática derivadas de Sorolla, su profesor de pintura en Madrid en ese año. Mayor distancia estilística se aprecia en El Viejo respecto a la producción de 1909 en la que la factura del pintor se puede poner más en relación con Zuloaga como se puede comprobar en los retratos de su tía Gloria o Xosé Corredoira, de tendencia más naturalista debido a un mayor predominio del dibujo lo que aporta una mayor descripción de los rasgos anatómicos de los rostros. Por estas consideraciones la atribución cronológica del cuadro estaría más ajustada a la fecha de 1907"1.

    El viejo  é unha das primeiras obras de tema relixioso realizadas por Xesús Corredoyra, que cultivará especialmente esta temática durante a súa etapa simbolista inspirada na obra de El Greco, e que empezará a desenvolver pasado o 1910.

 

1 GARRIDO MORENO, A., en Historia y arte en la Casa grande del  pozo (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2002.