El manantial de la vida

Obra O manancial da vida. Laxeiro

O manancial da vida. Laxeiro

  Dimensións: 293 x 416 cm

Comentario:

    Cando o Café Moderno foi adquirido pola Caixa Rural de Pontevedra en 1973, chamaron a Laxeiro para que el mesmo restaurase o mural de El manantial de la vida (1940). Este, ao ver o estado de deterioro da pintura, decidiu facer unha copia exacta nun lenzo que colocaría sobre o mural orixinal. Cun lapis e un prego de papel cebola, axudado por D. José Vilas, calcou o debuxo. Posteriormente tisnou a parte posterior do papel, repasando o debuxo, e frotouno contra o lenzo tensado, xa sobre o mural, tapando a pintura anterior. No lenzo reproduciu unha copia case exacta do Manantial de la vida. Despois de realizarse a restauración do mural orixinal, trasladouse o lenzo  á primeira planta do Café Moderno, onde pode verse actualmente.