El puerto de Vigo

El puerto de Vigo

  Dimensións: 50 x 59 cm.

Comentario:

    Neste exemplo son Vigo, o seu porto e a súa ría, as que pasan polo filtro da pintura de Lugrís. Nel reproduce unha alegoría mariñeira presidida por dous grandes veleiros que flotan na ría, baixo o motivo heráldico da cidade, de novo presidido por unha nave de vela. O monte do Castro é o emblema da cidade, que a penas é representada, centrando a súa atención na imaxe do mar e os veleiros, que concentran o detallismo e o trazado fino das liñas do debuxo. A composición, con tendencia á horizontalidade, interrómpese unicamente pola presenza do escudo, que sinala o eixe vertical da obra, e a súa presenza equilíbrase cos mastros dos veleiros. Tanto o debuxo como a aplicación da cor son moi minuciosas. A presenza da heráldica e a desaparición do casarío da cidade de Vigo crea unha imaxe que evoca un pasado de lenda.