El salto

El salto

  Dimensións: 50 x 30

Comentario:

    Gravado ao augaforte, no que Maruja Mallo representa unha figura infantil, composta mediante trazos simples e esquemáticos, que poden recordar os deseños do tamén surrealista Joan Miró. Está realizado en cor branca sobre fondo negro, usando o verde e o amarelo para resaltar detalles puntuais. O carácter sombrío da obra recórdanos ás pinturas Cloacas y Campanarios, presentadas polo artista en 1932. O boneco, que ocupa toda a composición, está representado en pleno salto. O movemento represéntase mediante a ondulación e a horizontalidade do cabelo, realizado con dous trazos moi simples, a descomposición das partes, e mediante os pes, xa que adianta o dereito, simulando un jette de bailarina, no momento preciso en que está no aire. Ten un gorro triangular, con tres raias paralelas e horizontais (verde, amarelo e verde), que lle dá un aire gracioso. No lateral dereito, con letras maiúsculas e arqueado, aparece escrito o título da obra. A obra gráfica de Maruja Mallo é escasa, pero a finais dos 70, asesorada tecnicamente polo pintor e gravador José Vázquez Cereijo, proxecta a realización dunha serie de gravados en homenaxe á Revista de Occidente, facendo tres augafortes previas: El Salto, La voz del silencio e un terceiro sen título. Este gravado inspírase na portada da Revista de Occidente nº 102, publicada en decembro de 1931.