El tiempo habitable

El tiempo habitable

  Dimensións: 128 x96 cm

Comentario:

     Neste gravado preséntanse as mesmas claves creativas que utiliza nos grandes formatos: o uso de formas abstractas, unha redución absoluta da cor, equilibrio compositivo e unha clara tendencia á desmaterialización. Na parte central, destaca a aparición dunha forma cuadrada, que se superpón a unha mancha negra,  invadida por finos riscos. Tres pingas brancas, dispostas nun esquema triangular, dialogan co cadrado, á vez que dan relevo, mentres a zona inferior está ocupada por unha forma abstracta en negro. O resultado é unha obra de composición equilibrada e elaborada, cun alto compoñente poético.