En la mesa del estudio

En la mesa de estudio. Beatriz Rey

  Dimensións: 100 x 75 cm

  Técnica: Óleo sobre lenzo.

Comentario:

    En la mesa del estudio, é unha revisión do cubismo sintético dende os parámetros da posmodernidade. Sobre unha base de madeira, a artista elabora a súa obra seguindo os métodos do cubismo sintético. O resultado é un collage onde a pintura se complementa con anacos de lenzo, grellas, gasa e materiais areosos que crean as distintas calidades dos obxectos. A pintura, moi lixeira, aplícase en campos de color plano, que se alternan con superficies onde o traballo foi sido veloz, e o trazo, rápido e lixeiro, deixa ver o fondo de madeira. Ao igual que no cubismo, os obxectos están representados dende distintos puntos de vista, pero combinando a súa tridimensionalidade coa planitude. O resultado é unha obra desigual, onde a linguaxe cubista se combina con métodos xestuais e o estudo da tridimensionalidade dos obxectos xeométricos.