Escena familiar marinera

Escena familiar marinera

  Dimensións: 52x47

Comentario:

    Nesta acuarela podemos observar o dominio que tiña Carlos Sobrino do debuxo. Trátase, posiblemente, dunha vista de Combarro, vila á que acudía moi a miúdo a tomar apuntamentos e que, como no desta imaxe, se asenta aos pes da ría de Pontevedra, case fundíndose con ela. É unha paisaxe propia de Sobrino, onde o etnográfico e tradicional se fusiona co propiamente paisaxístico, que se converte nunha prolonganción do autóctono. Estas obras son un canto á galeguidade, exaltada mediante a monumentalización da arquitectura vernácula e as figuras que a poboan. O resultado é unha pintura rexionalista, con aires de folklorismo, pero sumamente descritiva. O artista detense a mostrar a actitude dos personaxes, que encadra nun espazo caracterizado polo estudo da perspectiva, que potencia mediante a arquitectura das casas e que crean unhas liñas de fuga que desembocan no mar. O anecdótico da escena, unido ao estudo espacial, son o claro sinal de que nos atopamos ante un apuntamento tomado por Sobrino nunha tarde de lecer, pero delantan á vez os intereses profundos que movían a man do artista, a exaltación da particularidade do pobo galego.