Escenas de Cabaret II

Escenas de cabaret II. Demetrio Monteserín

  Dimensións: 230x200

Comentario:

    Nesta pintura, Monteserín toma de novo como protagonista á muller da escena anterior, pero con distinto vestido, neste caso vermello e moi decotado. Agora aparece acompañada do home que sacaba a carteira do peto, o seu elixido. Collidos do brazo, pasean airosamente. O amplo sorriso do acompañante delata a decisión que toma a cabareteira na escena anterior. A silueta da figura feminina está realizada mediante un modelo, xa que se fixo un estudo1, tomando reproducións, en papel transparente, do perfil da muller representada en cada unha das escenas, comprobándose que a silueta é idéntica. Esta técnica de modelo de cartón, método de xastres e zapateiros, non era un recurso novo na pintura, pois outros autores, como Gargallo, xa o utilizaran para reproducir ou facer modificacións da mesma figura.


1IGLESIA, J.F. de la: "O Café e os seus espellos. Un século despois" en O Antigo Café Moderno de Pontevedra, Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2001.