Escultórico suceso

Escultórico suceso

  Dimensións: 195x135

Comentario:

    Escultórico Suceso é un dos mellores exemplos de como Ruibal concibe as súas obras, caracterizadas pola bicromía. Mediante o xogo de cores, resalta sobre fondos, preferentemente monócromos, as figuras ou liñas abstractas, que son as protagonistas. Nesta obra crea a imaxe dunha escultura de cor negro, á que dota de volume mediante unha serie de liñas esquemáticas en vermello, cor escollida para o fondo. A partir de 1990, Ruibal manexa una técnica moi persoal nas súas pinturas, que consiste en que a preparación das teas cunha capa de pintura e area doten á superficie dun aspecto grumoso1. A vida característica das súas obras dedicadas á natureza, agora é substituída polo silencio propio dos seres inertes.


1 PAREDES,T.: "Manuel Ruibal". En Artistas Galegos: pintores (realismos-expresionismo). Manuel Ruibal. Nova Galicia Edicións: Vigo, 2002.