Espacio Cromlech ocupado

Espacio Cromlech ocupado

  Dimensións: 68,5 x 90 cm

Comentario:

    Nesta obra, Nóvoa rabuña a superficie para crear a visión do espazo cromlech. A pesar de que algúns autores sinalan como característico da súa obra a ruptura  coa tradición -supoñemos que referíndose á tradición pictórica galega-, a elección do cromlech, unha área dotada da maxia de ritos ancestrais, remite á presenza da natureza e á tradición da súa terra de orixe. Esta paisaxe sintética, presentada a vista de paxaro, créase a partir de incisións sobre unha superficie matérica e rugosa, unicamente "ocupada" por dúas manchas de pintura negra e formas xeométricas, que invaden o espazo sagrado megalítico. Coa súa particular proposta formal, Nóvoa pretende achegarse de forma máis profunda e veraz á natureza, creando, para isto, representacións abstractas, atemporais e impersonais coas que revelar a verdade última do mundo no que habitamos. Non obstante, o pintor non desaparece por completo das súas obras, nas que o espectador queda á marxe do contido último, pero intuíndo o compoñente subxectivo que move ao artista no acto creador.