Estrellas de mar

Estrellas de mar. Maruja Mallo

Estrellas de mar. Maruja Mallo

  Dimensións: 60 x 65 cm

  Técnica: Óleo sobre lenzo

Comentario:

En Estrellas de mar, de 1952, Maruja Mallo lembra aquelas xeometrías antropomórficas dos murais que realizou para o cine Los Ángeles de Bos Aires, recreando unha composición con tres mulleres convertidas en formas xiratorias contidas dentro da harmonía, a proporción e a relación numérica. Existe un equilibrio, non só compositivo senón cromático, suxeito ás leis da aritmética, a álxebra e a xeometría. As figuras teñen soltura e orde, resultado dos trazados matemáticos que utilizaba para representar os elementos naturais. O movemento que xeran ao rotar recrea, así mesmo, unha estrela de mar, idea de, como para a artista, todo gravita en consonancia e responde aos ritmos da natureza.