Fracciones

Obra Fracciones. Sergi Aguilar

Obra Fracciones. Sergi Aguilar

  Registro: 1564

  Ano de creación: 2001

  Dimensións: 35.5 x 104.2 x 45.2 cm

  Técnica: aceiro cortén

  Categoría: arte abstracto, minimalismo

Comentario:

Esta obra responde ás características esenciais desenvolvidas na arte de Aguilar. Traballa sobre un prisma rectangular de lados lisos onde reproduce na cara superior e no propio aceiro unha serie de signos que corresponden ao universo persoal do plano e do mapa.

Caracterízase pola súa rotundidade, por ser un volume recortado no espazo, que alude aos bloques das obras de mármore que realizaba na década dos 80. Potencia a pureza formal sen restarlle emoción ao obxecto. Usa para iso planos xeométricos, ángulos rectos e a través do hermetismo suxire o enigma dun hipotético contido. Os elementos gráficos axudan a captar a atención do espectador. Influencia decisiva nesta obra son as Caixas de Oteiza, así como tamén as obras de Brancusi, Julio González, Richard Serra, etc. Esta obra está deseñada para estar sobre o chan, prescindindo de peaña, resaltando así as formas esenciais e básicas dunha forma compacta.

Aguilar experimentou con todo tipo de materiais e mesmo xoga con eles nunha mesma obra. No entanto, neste caso, a utilización dun só material, o aceiro cortén, permítelle un inmellorable soporte para unir unha síntese xeométrica e unha intensificación o diálogo coa aplicación da pátina oxidada ao metal, que potencia a linguaxe expresiva e contundente do obxecto.