Grito

Grito

  Dimensións: 195x130

Comentario:

    Esta obra, realizada por Saura en 1959, pertence á época de "El Paso", grupo próximo ao informalismo, do cal foi fundador, xunto con outros artistas españois do seu entorno. A súa obra está cargada de denuncia e reivindicación social, plasmando a penosa situación pola que España atravesaba neses momentos. A gran carga política das súas pinturas  tradúcese nunha expresividade case violenta. Utiliza unha linguaxe xestual cara ao expresionismo abstracto pero, tanto el como os outros compoñentes de "El Paso" eran máis elegantes e menos agresivos ca os norteamericanos. A linguaxe expresionista serviulle, ademais de para crear un estilo propio, baseado en afinidades estéticas, para traducir na súa obra, a situación política e social que lle tocou vivir, pero dentro dunha ambigüidade que lle permitía expresarse con absoluta liberdade. A súa pintura, caracterizada por brochazos ou manchas de cor, converte a Saur no máximo representante do tachisme en España. A gama de cores que emprega redúcese a brancos, negros e grises, realizando variacións de gris sobre branco con negros superpostos ou de negro con gris, sobre branco, como neste caso, logrando unhas perturbadoras pinturas que suxiren "una imagen de tristeza y rebeldía con una marcada inteción social", e o converten nun dos artistas do século XX que mellor amosaron a imaxe da "España negra". Todas estas características aprécianse nesta obra, onde o propio título El Grito  é sinónimo da situación do momento. Os trazos violentos e as grandes manchas de negros e grises preséntannos un berro de rabia, de desesperación e impotencia ante os acontecementos vividos.