Habitación vidriera

Habitación con vidriera. María Antonia Dans

  Dimensións: 45x55

Comentario:

    A paisaxe rural é unha temática recorrente en María Antonia Dans. Nesta ocasión reflicte un campo poboado de casas, simulando a visión que se podería contemplar dende unha ventá, de aí o título. Divide a composición mediante liñas verticais case paralelas, debuxadas con trazos grosos claramente distinguibles. A cor é característica e sobresaínte nás súas obras e aquí evoca o verde da súa Galicia natal combinado con amarelos e azuis.