Jardines siderales

Jardines Siderales

  Registro: 277

  Ano de creación: 1985

  Dimensións: 129.5 x 96.5 cm

  Técnica: acrílico sobre lenzo

  Categoría: surrealismo

Comentario:

Nesta obra, de corte surrealista, destaca a superposición de formas, con liñas sinuosas e escintilantes que crean a sensación de movemento en suspensión, acrecentado polo emprego da cor plana. Como é habitual nas súas obras, Mario Granell crea espazo mediante a xustaposición de figuras de tamaños graduais. É a representación dun "jardín del espacio", onde Mario imaxina a disposición de estraños astros suspendidos no medio da nada, onde non existe a gravidade terrestre. Pertence a unha serie chamada Jardines siderales, na cal o artista realiza diversos cadros de similares características.