Llanto por un poeta muerto

Llanto por un poeta muerto

  Dimensións: 140x69

Comentario:

    Llanto por un poeta muerto sitúase nunha etapa de transición para o artista. Dende un surrealismo, que se sitúa na fronteira co que acostuma denominarse "realismo fantástico", Caballero evoluciona cara a abstracción, elaborando unha deshumanización conceptual nas súas últimas pinturas.

    Este camiño de cambios obsérvase nas formas da composición, que se estilizan e se alongan perdendo nitidez, tal e como amosa o pescozo do personaxe central da obra, que ocupa un espazo sobresaínte na mesma, e acentúa a verticalidade  todo o conxunto. Caballero fusiona o cultural e o popular incluíndo temas recorrentes como o galo e os ferros que observamos tamén nesta pintura. A cabeza do personaxe e o galo referencian o círculo, signo xeométrico ao que o autor recorre constantemente. "Siento la necesidad de volver nuevamente a las formas más puras y esenciales de la geometrización. Al principio son rombos, luego pirámides, para concretarse finalmente en el círculo que para mí significa el mundo. No un mundo estático sino un mundo en continua ebullición...".

    O artista dá gran importancia ao espazo. Facendo referencia a esta cuestión Miguel Logroño declarou: "El universo de Caballero es clamoroso, desde el rumor opaco de los cuerpos que lo gobiernan, brindado al círculo, y al que en la relación materia, forma, color e imagen no dudo en considerar como uno de los momentos hito de la Pintura Española Contemporánea" 1.

    A cor é a otra gran protagonista. O músico aparece envolto en tons azuis  que imprimen un carácter sombrío acorde coa desolación na que está sumido pola morte do poeta. A cor branca do galo no alto da escaleira, e da cara do músico, destacan sobre a composición reclamando a atención da nosa mirada.

    Caballero sempre ten como tema subxacente a preocupación polo lugar e o destino do home, e é un fidelísimo tradutor da linguaxe da pintura ao da poesía.


 1 LOGROÑO, M.: "Como quien dibuja, o pinta, el poema", en José Caballero: Exposición antológica 1931-1991, Ayuntamiento de Madrid, Madrid, 1993.