Luz blanca sobre azul

Luz blanca sobre azul

  Dimensións: 180x180

Comentario:

    Como é habitual no ciclo de pantallas de Din Matamoro, o artista presenta obras de gran formato onde desevolve o seu propio universo, formado a partir das experiencias persoais que o unen ao mundo do cine e a fotografía. O artista somérxese na escuridade das salas de proxeccións, para intentar captar a intensidade plena da luz, que será máis tarde a protagonista da súa obra: "los acercamientos que tiene mi obra son sólo la visión de un espectador muy observador que ama el cine, son sólo sensaciones y matices que ocurren dentro de las salas de proyecciones, valoro las distintas oscuridades, me fijo en el cono de luz que sale de la pequeña ventana de proyección lleno de pequeñas partículas azules que flotan..."1. Nesta obra, unha cor azul pura ocupa todo o cadro, creando unha superficie totalmente plana, baleira e limpa, que só se ve alterada pola presencia da luz, que parece rachala como unha intrusa que busca perturbar a súa harmonía monócroma. Realmente, parece a captación do momento da apertura lumínica da gran pantalla, trasladado á pintura como un haz de luz de gran intensidade, que se converte en protagonista indiscutible da composición.


 1Memoria de mi olvido, Servicio de Publicaciones Deputación Provincial de Pontevedra, Pontevedra, 2002.