Madre con niña

Madre con niña

  Dimensións: 72 x 62 cm

Comentario:

    Ao longo da súa traxectoria, María Antonia Dans realiza unha serie de maternidades que se caracterizan, sobre todo, pola tenrura que lle espertan os seus personaxes ao espectador. Madre con niña contén ademais outra das súas temáticas máis recorrentes, a dos tipos populares e "aldeáns", onde Dans atende ao factor humano sen maiores connotacións que o propio "encanto de lo popular"1.  Unha liña grosa, en negro, enmarca ás figuras caracterizadas por cores  vivas, resaltando o verde da maceira situada ao fondo e achegándonos a un primeirísimo plano a figura da nena mediante o azul do seu vestido.


1. CARUNCHO, L.M.: María Antonia Dans: (1922-1988) (catálogo), Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña,  1999.