Marín

Marín

  Dimensións: 48x62

Comentario:

    Unha vez máis, Carlos Sobrino plasma unha paisaxe urbana, froito das súas "excursiones pictóricas", viaxes que facía polos pobos e aldeas de Galicia co seu caderno, para tomar apuntamentos que despois se convertirían en cadros. Neste exemplo, móstranos unha vista de Marín dende a zona baixa da cidade, onde podemos apreciar a ascensión en altura das edificacións, que se concentran no plano superior, contrastando coa amplitude espacial coa que dota ao primeiro termo. Nel, representa unha planicie próxima ao mar, tal e como se deduce da presenza das barcas varadas, e pola que corrican as galiñas. No centro da composición, e nun segundo plano, representa unha pareja nova que sostén un bebé nos brazos, e que se recorta ante un portón que permite atravesar o gran muro que lle serve de peche espacial e como división do lenzo. Chama a atención o tratamento que lle dá ao conxunto, centrándose no estudo da composición e dos efectos lumínicos.