Materia estructural negra

Materia estructural negra. Xaime Quessada

  Dimensións: 163 x 100 cm.

Comentario:

      Tríptico no que Quessada conxuga unha xeometría rigorosa, con pinceladas e un tratamento do lenzo fortemente xestual e matérico. O artista experimenta aquí coas posibilidades da materia como forma de expresión. Trata o lenzo con texturas ásperas, gromosas, rabuñadas e incididas. A paleta enxórdase e móvese en tons terra, siena, torrados e vermellos, que se rebaixan ata o vermellón. Así mesmo, presenta formas cadradas, negras con bordos brancos, que parecen ter sido encaixadas. Arredor delas, xorden novas capas de pintura, en parte mesturadas con materia areosa, ou aplicadas de forma violenta, creando manchas que se esparexen centrifugamente, e cráteres de materia. O fondo das composicións é negro, aínda que se coloca a modo de zócalo unha franxa branca. É interesante resaltar a concepción que Quessada ten destas composicións abstractas, como medio de investigación estético que posteriormente aplica ás súas composicións figurativas.