Muchacha sentada

Muchacha sentada

  Registro: 1030

  Dimensións: 30 x 21 cm

  Técnica: lapis sobre papel

  Categoría: academicismo

Comentario:

No anverso hai un apuntamento dunha muller sentada, vestida co traxe tradicional, algo característico nas representacións femininas de Brocos. Neste caso aparece descalza e cunha cesta no colo. Foi realizado a lapis, con trazos rápidos e sen gran detallismo.

No reverso hai varios estudos de bustos de mulleres a lapis, unha delas cun neno, e outro estudo dun can. No centro hai dúas paisaxes enmarcadas en sendos óvalos e coloreadas con gran minuciosidade. Na da esquerda hai unha muller cun can en primeiro plano, tendo como fondo un río con árbores e unhas casas. No óvalo da dereita hai un home en primeiro termo e, rematando a escena, unhas ruínas entre a vexetación da paisaxe. Ambas escenas teñen unha inscrición na zona inferior dereita: "Carolina Neira y Florez", realizado con moi boa caligrafía.