Mujer en un jardín, París

Mujer en un jardín, París. Anglada Camarasa, Hermen

Mujer en un jardín, París. Anglada Camarasa, Hermen

  Registro: 1622

  Ano de creación: 1902

  Dimensións: 54 x 43.5 cm

  Técnica: óleo sobre madeira

  Categoría: modernismo, simbolismo

Comentario:

O estilo máis persoal de Anglada comezou a forxarse co cambio de século, época na que o pintor actuou como cronista da vida parisiense, utilizando unha técnica asombrosamente moderna, cun aire decadente, sensual e elegante ao mesmo tempo. En Muller nun xardín, París, contemplamos unha escena na que, como é habitual na obra de Anglada, a figura feminina é a súa principal protagonista. No rostro da moza, de grandes ollos e boca pintada, descóbrese unha cor enfermiza que deixa translucir os excesos da época nunha sorte de insomnio, febre, alcol ou morfina. A súa escura e envolvente vestimenta fai resaltar máis aínda a cor anormal da súa pel. A decadente e sombría muller contrasta co verde do xardín e coas figuras que, ao fondo da composición, pasean ataviadas con claros vestidos, realizados cun dominio da materia e unha técnica chea de cor con efectos de esmalte. Para Anglada Camarasa, a cor foi unha ferramenta de expresión coa que acentuar os sentimentos e as expresións. Herdou do simbolismo o carácter misterioso da muller mentres xogaba poéticamente coa idea da beleza e a morte.