Napoli

Napoli

  Ano de creación: 1986

  Dimensións: 40x31

Comentario:

    Nesta serigrafía, evoca as postais coloristas de viaxes. A parada realízaa na cidade italiana de Nápoles, representando a súa baía e un palmeral, que incitan á visita do lugar. En primeiro termo, sobresaen as palmeiras e unha casa mentres ao fondo, vislumbramos a baía, onde descansan dous veleiros. Realizada con trazos rápidos, sobresaen os tons verdes, froito da vexetación e os azuis, que funden o ceo e o mar, compoñentes tan característicos da imaxe de Nápoles.