Nature morte avec un vase de coquelicots

Nature morte avec un vase de coquelicots. Marc Chagall

Nature morte avec un vase de coquelicots. Marc Chagall

  Técnica: Óleo sobre lenzo

Comentario:

Nesta obra Chagall preséntanos unha composición vitalista onde o colorido das froitas e flores destacan sobre o veo azul que cubre o resto das figuras que se encontran na habitación. Cun estraño formato cadrado, Chagall dispón un vaso e un cesto de froitas que se apoderan de toda a escena, deixando nun segundo plano a figura dunha moza. As pezas son simplificadas e ben delimitadas pola liña e a cor. A rapaza representada é a súa segunda esposa, con quen pouco tempo atrás contraera matrimonio. Esta circunstancia levou a Chagall a experimentar un renacemento na súa obra, cunha produción alegre e frutífera como mostra o presente cadro.