Ninfa do miño

Ninfa do miño

  Ano de creación: 1998

  Dimensións: 72x45x28

Comentario:

    As Ninfas, eran divindades da natureza, rapazas fermosas que habitaban os bosques, os ríos, as fontes ou os prados. Creíanse fillas de Zeus, nacidas das augas do ceo que caían na terra, e formaban no subsolo depósitos de auga, que logo xurdían baixo a forma de fontes. Nesta peza, Manzano suxire a visión da Ninfa do río Miño, a cal sitúa nunha posición horizontal, recostada, e forma ondulante, como se se tratase dun corpo de auga. Neste exemplo, a terracota está policromada, dotando ao obxecto dun brillo semellante ao do aluminio. A sinuosidade das formas, crea cheos e baleiros que xeran xoegos de luces e sombras que animan a escultura.