Nueve Modos

Nueve Modos

  Dimensións: 45x35

Comentario:

    A obra de Pérez Vicente, presenta en ocasións unha clave xeroglífica de liñas ou figuras xeométricas e caligrafías, nas que se establecen códigos internos, que poñen en relación os distintos elementos que configuran a imaxe final. Un elemento que será reiterativo na súa obra son as letras, utilizadas tanto simbolicamente como na súa función gramatica, para expresar ideas. En Nueve Modos, arquitecturiza o espazo en nove cadrados, e no seu interior coloca unha figura esquematizada, acompañada dunha palabra coa que está relacionada directamente: Marítimo, Xogador, Comedor de Peixe, Gatuno, One Way, Fronteirizo, Grávida, Laberíntico e Dividido. Cada palabra representa un símbolo, co que a obra termina por simular un xeroglífico. Combina o tratamento monocromo do fondo coa liña precisa do debuxo de obxectos e personaxes, onde destaca, sobre branco, o elemento principal, que se encontra nas entrañas das figuras. As palabras e os obxectos, aparecen descodificados, dando lugar con iso a novas interpretacións, algo fundamental na obra deste artista.