Pareja

Pareja. Demetrio Monteserín

  Dimensións: 240x78

Comentario:

Nesta escena, vemos de novo á cabareteira, agora cunha nova vestimenta. Aparece acompañada por outro home, alto e de extrema delgadeza, pero ao igual que os anteriores caracterizado como alguén adiñeirado. A maneira que ten Demetrio Monteserín de representar a este tipo de homes, realizando unha caricatura de cada un deles, fai que, en lugar de dar un aspecto elegante, con todos os detalles das súas vestimentas e complementos, resulten uns tipos do máis ridículo. A muller é bela e amable, pero está dotada dunha picardía e un certo ton picaresco na súa representación. Unha tradición popular de Pontevedra asociaba a estes dous personaxes con Don Torcuato de Ulloa e a señorita Mendoza, xa que a muller, non mostrando o seu rostro en ningunha das tres escenas, era imposible de identificar. No entanto, parece pouco probable que Monteserín dedicase estas escenas a unha parella concreta, interesándose máis por plasmar a frivolidade e ironizar sobre unha práctica máis que frecuente na época, como era a do ascenso social dunha forma rápida e cómoda.