Percepción azul

Percepción azul. Xaime Quessada

  Dimensións: 105 x 105 cm.

Comentario:

    No ano 1980, Quessada retoma a abstracción, na que xa traballara nos comezos da súa traxectoria artística. A crítica argumenta que esta etapa, é a consecuencia do desenvolvemento da obra inmediatamente anterior, na que a figuración se descompoñía polos efectos da plasmación da velocidade.  Para esta obra, o artista parte da inclusión do contido nun rigoroso marco xeométrico, no que aplica varias capas de pintura. O fondo é azul, e sobre el circunscríbese o bordo dun cadrado con trazos negros. Dentro deste cadrado, Quessada aplica pinceladas verticais independentes, que dan a sensación de dinamismo por aparecer como salpicadas, marcando un movemeento cara a dereita. Na parte superior do cadro, o artista aplica unha fina capa de cor azulada. O azul e o negro establecen relacións compositivas. Combinando nun mesmo cadro elementos xeometrizantes con trazos sígnicos.