Percepción rojo

Percepción rojo

  Dimensións: 60 x 100 cm.

Comentario:

     Obra en forma de díptico con soporte de tecido. Percepción rojo, baséase na experimentación das posibilidades dunha cor, e do seu comportamento ao enfrontarse a gradacións tonais. A formulación, pon en relación esta obra co Op-Art. Baixo formas xeométricas, neste caso rectangulares, e adaptándose á forma do lenzo, Quessada realiza variacións tonais, creando efectos ópticos que nos remiten ás experiencias americanas de vangarda. Hai un diálogo entre estas dúas pezas, xa que experimenta con graduacións tonais contrarias no seu sentido de aplicación, tanto porque a graduación se invirte como pola utilización de veladuras negras nun e brancas no outro lado do díptico, para xerar, así, un  xogo óptico.
A produción abstracta de Quessada é abundante, aínda que é máis coñecida a súa vertente figurativa kitch. Nestas obras, parece que, catarquicamente, o autor se desprende da paleta multicor e o debuxo rico en matices para sacar partido a outras vertentes informais, dado que a súa personalidade inquieta, o leva a  investigar en todas as linguaxes artísticas.