Personajes

Ilustración. Luis Seoane

  Ano de creación: 1945

  Dimensións: 36 x 24 cm.

Comentario:

    Personajes, como o seu propio título indica, é a representación dunha escena teatral, onde dúas figuras protagonistas, caracterizadas co que parece unha vestimenta medieval, copan o primeiro plano, mentres nun segundo plano se representan, abocetadas, outras imaxes. O debuxo realizouse en tinta negra, coloreada unicamente por acuarela en ocre e animada, nalgúns detalles, polo blranco do soporte. No debuxo destaca o predominio da liña, moi sinuosa, que crea figuras vibrantes e anima a composición, caracterizada pola súa plenitude.