Pinos I

Pinos I. Luis Pintos Fonseca

  Dimensións: 157x80

Comentario:

    Pinos I e Pinos II son dúas obras de características moi similares, que forman unha parexa destinada á decoración do Café Moderno de Pontevedra. Neste exemplo, representa catro troncos de piñeiros, dos cales tres están rectos, e o cuarto forma unha diagonal, crean un xogo de superposicións entre eles que lle permite introducir a perspectiva na obra. Para este efecto, tamén emprega a plasmación dunha quinta árbore, no fondo, para sinalar a profundidade e a distancia. Como é característico en Pintos Fonseca, capta os efectos meteorolóxicos, mediante a representación dunhas nubes grisáceas e chumbadas, realizadas cun gran detallismo e veracidade.