Ponts et cite

Ponts et cite

  Dimensións: 35 x 22 cm.

Comentario:

    Esta paisaxe de cidade inspírase no expresionismo alemán de El Puente, que se reflicte na deformación da perspectiva e dos perfís. A obra, de gran sinxeleza compositiva, describe a visión do Rio Sena e as casas que o flanquean. Crego emprega unha gama de cores sobria, concisa e plana a base de ocre, terra e negro mentres en branco describe os perfís e a lúa, ao fondo, iluminando o nocturno. Ademais de empregalo nos reflexos da auga e a ponte. A cor branca serve para destacar detalles en contrapunto co gran peso que o negro ten na composición.