Pop-Fiction

Pop-Fiction

  Dimensións: 200 x 200 cm.

Comentario:

    Obra realizada durante un dos seus períodos estivais na illa de Ibiza. A gama de cores empregada é a meditterránea en contraste cos tons avermellados e verdes empregados nos cadros pintados en Galicia. Nesta época, Quessada vai realizar unha serie de obras nas que se observan diversas influencias. É importante resaltar a estanza do autor en México e en Estados Unidos acompañado polo seu amigo e membro de "O Volter", Luis de Dios. A pesar de que volven un pouco decepcionados co discurso, está claro que hai unha clara influencia das vangardas norteamericanas do momento e das cores baconianas que pode observar "in situ". Nesta obra conviven figuración, abstracción e xeometrismo puro, cun envolvente surrealismo que se enmarca, á súa vez, nunha estética Pop con detalles procedentes do Op-Art. Na parte inferior do cadro, aparecen unhas figuras espidas en posturas marcadamente eróticas envoltas por forzas brutais, en forma de remuíños de enexía. Pinta a foza bruta e a velocidade absurda, inherente ao noso tempo, facendo unha crítica, estética e ideolóxica, á hexemonía do mecanismo alienante. Así mesmo, realiza unha dura crítica ao futurismo italiano do primeiro tercio do século XX, que derivou cara a discursos fascistas. A cor aplícase en formas serpeantes,  en torno a figuras apenas esbozadas e inmersas en espirais luminosas, que ameazan con levalas polos aires.