Pulpeira na feira

Pulpeira na feira

  Dimensións: 65x102

Comentario:

    Colmeiro pintaba, segundo as súas propias palabras, "ao galego". A distancia xeográfica provocada polo seu exilio, primeiro en Bos Aires e despois en París, non fixo senón acrecentar o desexo de pintar a súa propia terra, enchendo as súas obras non só dun importante valor estético, senón tamén histórico e social, ao representar pobos e xentes do mundo rural galego da primeira metade do século XX, nas súas actitudes cotiás. Nesta ocasión, preséntanos unha das imaxes galegas por excelencia, diversos personaxes gozan comendo polbo nun día de feira. As figuras aparecen sentadas en bancos e remarcadas cun groso trazo da cor negra, característica da súa pintura. O gris é a cor predominante de toda a estampa, na que tamén se albiscan vermellos e amarelos. Colmeiro pinta as súas emocións persoais, interpretando libremente a realidade.