RB

Díptico RB

  Registro: 79

  Dimensións: 190 x 143 x 3 c/u (2 ud)

  Técnica: óleo sobre tea

  Categoría: Expresionismo abstracto

Comentario:

Esta obra pertence a un ciclo dedicado a Ruth e Booz, que Campano realiza entre 1989 e 1992. Nesta etapa, o artista abandona a cor para realizar unha pintura onde o branco e o negro son os únicos protagonistas. O punto de referencia para esta serie é o cadro El Verano de Nicolás Poussin, de onde toma os personaxes, que máis tarde fai propios, representándoos de forma básica e esquemática, sendo a súa esencia o máis importante. 

Nestas obras bicolores a pintura negra aplícase en manchas compactas e dun modo directo, sobre o branco de preparación dos lenzos. A figuración dilúese e acaba por desaparecer, deixando paso a través dun trazo básico e esencial, a formas xeométricas simples ou esquemáticas, onde a materia acaba sendo o máis destacado. En ocasións, Campano leva as dimensións a un nivel fóra de escala, intentando encher todo o espazo da composición, só coa presenza da pintura, evitando que o espectador realice unha lectura en conxunto e identifique formas e personaxes. Utiliza a parte como un todo aínda que, ás veces, o todo se presenta como un fragmento provocando que os seus cadros se enlacen en distintas combinacións, como neste díptico.