Recolectora I

Recolectora I

  Dimensións: 184x105x56

  Técnica: Madeira

Comentario:

    A escultura de Leiro ten claras influencias da escultura popular e da tradición do románico galego, non exentas da grandeza de Miguel Ángel ou da monumentalidade exipcia. Todos estes referentes, sérvenlle ao escultor para inferirlle á súa obra un toque persoal, ás veces con trazos anticlásicos, outras modernizando os materiais tradicionais coa inclusión doutros novos. As súas pezas esconden sempre unha historia, ás veces contada dende un punto de vista cómico e burlón, outras, como é o caso, dende o lado tráxico ou acedo. "Leiro aproxima esta composición escultórica al cuadro Los recolectores de miel de Brueghel El Viejo, el gran maestro de la representación de lo popular-grotesco, si bien se ha producido un desplazamiento significativo desde lo cotidiano y festivo, asociado a la dulzura, hasta la catástrofe más amarga"1 . As catro Recolectoras, forman unha visión descritiva e intensa do desastre do Prestige. Representa ás mulleres da costa galega, que se viron obrigadas a cambiar a súa tarefa cotiá, pola da limpeza das praias e do mar. Estas mulleres, aparecen ataviadas cos impermeables verdes, as botas de goma e as máscaras faciais brancas, que se convertiron nunha imaxe da catástrofe que deu a volta ao mundo. O artista céntrase na policromía e textura da madeira, conseguindo que a roupa sexa unha prolongación da expresividade do corpo, e dándolle a mesma importancia aos xestos da figura e ás súas vestimentas. A actitude e os xestos, demostran ese carácter loitador, e case heroico, destas xentes de mar, que se esforzan por recuperar a súa vida cotiá e o seu medio de vida. A actualidade e dramatismo do tema, logran como poucas veces na obra de Leiro, que abandona o satírico e fantástico para transportarnos é realidade.

1CASTRO FLÓREZ, F.: Leiro. Dolor de ropa (catálogo), Marlborough Madrid, Madrid, 2003.