Retrato de mi hija Eva

Retrato de mi hija Eva. Francisco Lloréns

  Dimensións: 90x70 cm

  Técnica: óleo s/ lenzo

Comentario:

    Esta obra é un retrato sedente da súa filla maior, Eva, representada en tres cuartos, ante unha paisaxe mariña. Posiblemente realizado durante as súas vacacións estivais en Galicia, a luz concéntrase na figura da moza, mentres que a paisaxe presenta unha atmósfera densa e gris. Fronte á técnica solta empregada para o fondo, o retrato realízase con minuciosidade e coidado, e cunha pincelada máis precisa e menos matérica. Destaca o emprego dos brancos, moi do gusto impresionista, pois esta cor permite captar gran variedade de matices lumínicos, reflectidos con irisacións de distintos tons.