Ría del Burgo

Ría del Burgo

  Registro: 16

  Ano de creación: 1931

  Dimensións: 70.3 x 70.3 cm

  Técnica: óleo sobre lenzo

  Categoría: impresionismo, Xeración do 16, novecentismo

Comentario:

Pertence ao grupo de paisaxes denominadas por Abelenda como "paisaxe mimosa". Nesta obra a masa de auga é a protagonista, serpenteando entre a brétema prateada, e confundíndose co horizonte. O efecto de profundidade resólvese mediante o contraste dun primeiro termo escuro e o último de tons suaves, onde predominan os azuis, violetas e mesmo os rosas, que se funden co ceo. A verticalidade dos eucaliptos rompe o gran plano prateado da auga e reforza a perspectiva, onde a proporción do casarío nos dá a dimensión da panorámica abarcada.