S/T

S/T. Carmen Calvo.

  Dimensións: 272 x 230 cm

Comentario:

Obra confeccionada en bastidor de madeira á que se lle ensamblan chapas de cinc sobre as que se colocan diversos obxectos cerámicos confeccionados pola artista, suxeitos a base de arames. A fraxilidade da cerámica contrasta coa dureza do metal. O emprego da cerámica remítenos á tradición valenciá -rexión de onde procede a autora- mentres que a idea de clasificación e ordenación das pezas fai referencia a unha das súas afeccións: a arqueoloxía. O gusto da artista pola arqueoloxía relaciónase cos seus traballos sobre a pervivencia na memoria de feitos, historias e sentimentos. Ao mesmo tempo as pezas cerámicas actúan como signos ordenados espacialmente, como grafías ou símbolos para codificar unha mensaxe que nunca será revelada. Tamén nos pode evocar os fetiches dos ritos animistas africanos, os cales dotan aos seus obxectos manufacturados dun valor extraterreal. O feito de que no pegue os fragmentos de barro senón que prefira coselos un a un mediante arames fai referencia ao traballo manual, do mesmo xeito que o barro nos remite á artesanía.