S/T

S/T

  Ano de creación: 1986

  Dimensións: 35 x 28 cm.

Comentario:

Chelín aborda esta serigrafía con trazos mínimos. Do fondo branco xorden de forma concisa liñas de cor primario: amarelas, negras, azuis e vermellas nunha abstracción baseada en formas naturais. Ritmo e composición toman forma grazas a un trazo áxil e rápido. O resultado, moi expresivo e vital, baséase compositivamente nunha tensión centrífuga onde as liñas se expanden cara a todos os lados do lenzo. A traxectoria artística de Chelín mantivo sempre unha clara coherencia e orientada cara a busca dunha forma de expresión moi persoal, afastada de tendencias en voga puntuais. Enlaza aspectos dos seus seres coas súas experiencias pictóricas. Experiencias que expresan todos os referentes que o acompañan no seu constante aprendizaxe.