S/T

S/T (piscina). Vari Caramés

  Registro: 673

  Ano de creación: 1997

  Dimensións: 100 x 80.5 cm

  Técnica: fotografía en cor sobre papel. Cámara kodak duraflex

Comentario:

Esta obra é unha mostra do interese de Caramés polas imaxes subacuáticas. Trátase dunha fotografía submarina en cor que reproduce, mediante un encadre asimétrico, unha escaleira de piscina. A imaxe goza da luminosidade e a cor brillantes características destes espazos, á vez que nos introduce no illamento resplandecente do medio líquido. Como sinalou Garrido "(...) le interesan más los espacios inanimados, la luz en todas sus facetas, y hace de la luz líquida y maleable su más profundo objeto"1. Neste exemplo comprobamos como na fotografía de Vari Caramés é posible recoñecer lugares transitados habitualmente aos cales non se lles concedera o estatus de paisaxe recoñecible.


1 GARRIDO, L.: Vari Caramés, (catálogo). Centro Galego de Arte Contemporánea: Santiago de Compostela, 2000.