Sobre os Ríos I

Sobre os ríos. Alberto Carneiro

  Dimensións: 38x263x92

Comentario:

    A obra de Carneiro está relacionada formalmente co minimal art, sobre todo en obras configuradas con formas elementais, desprovistas de detalles e lonxe do anecdótico, como é este caso, aínda que se distancia de dita corrente ao valerse de materiais naturais para elaborar a súa obra, despreciando os produtos industriais. Os materiais polos que o artista se decanta: a madeira, a auga, a pedra producen unhas obras sensuais e cálidas, agradables ao tacto e á vista, sorprendendo ao espectador pola variedade de matices que nelas se aprecian. Estas cualidades coa frialdade doutros materiais como poden ser o aceiro ou o aluminio.
   
    As súas obras recrean os significados da natureza a través dun proceso creativo, por medio do cal o home coa súa forza e intelixencia transforma esta natureza, co que o  corpo do artista entra en contacto directo co medio físico. O produto final é unha obra que se caracteriza pola súa sensualidade e sensorialidade. O artista non pretende que encontremos similitudes entre as vetas da madera e a auga en si, senón que intenta plasmar o decurso das augas, ese estado contínuo de cambio, de transformación constante, traducíndoo nas súas obras de tal forma, que non sabemos se nos encontramos ante auga leñosa ou madeira fluída.