Spichel

Paisaje

  Registro: 572

  Dimensións: 65 x40 cm

  Técnica: augaforte

Comentario:

Predomina, nesta composición, a horizontalidade, determinada polas franxas de cor que crean e dan forma á paisaxe. Xera profundidade a partir dunha receita clásica de composición paisaxística mediante a cor, ensombrecendo o primeiro termo, e creando un potente foco de luz no fondo, que capta a atención do espectador, e a súa mirada detense nos elementos da paisaxe, antes de chegar ao horizonte. Na zona inferior, próxima ao espectador, representa unhas palmeiras, que se mesturan coa vexetación, onde emprega unha paleta terrosa, con predominio de marróns e negros. Na zona superior, unhas aves brancas surcan o ceo.