Surface Invaders

Surface Invaders. Alberto Barreiro

Surface Invaders. Alberto Barreiro

  Registro: 53

  Ano de creación: 1999

  Dimensións: 89.7 x 120 x 0.4 cm c/ud (3 ud)

  Técnica: cristal espello, impresión dixital sobre acetato, vinilo e aluminio

  Categoría: arte digital, vídeo

Comentario:

A montaxe Surface Invaders forma parte dunha serie do mesmo nome que Alberto Barreiro realizou a finais dos noventa. Nela este artista combina materiais tan diversos como cristal, fotografía, luces e espellos con elementos de última xeración como os ordenadores, o vídeo e as proxeccións, transgredindo os límites dunha superficie física plana e enchendo a súa obra de misturas insólitas en formatos de grandes dimensións. "Lo pictórico supera sus intenciones en aras de optar por la escenografía instalada como totalidad, insinuando los mismos problemas de luz y percepción que modelan espacios minimalistas que encontramos en el Norteamericano Turrell" 1.

O espido clásico feminino, ao que recorre constantemente, aparece impreso dixitalmente nesta obra sobre os tres espellos inferiores que compoñen a instalación, xunto con liñas paralelas verticais realizadas en vinilo de cor vermello intenso. Os tres espellos superiores teñen impresións fotográficas dixitais, combinadas con liñas máis grosas que as encontradas nos espellos antes mencionados, de vinilo de cor laranxa e negro.

A montaxe complétase cunha proxección de vídeo dun espido feminino no ángulo superior dereito, semellante ás representadas nos espellos inferiores que só foi proxectada no IV Foro Atlántico de Arte Contemporáneo,  celebrado en Pontevedra en 1999, e no que recibiu o primeiro premio.

Na súa ponencia "Los invasores de las superficies" -pronunciada no ciclo de conferencias "Mitos de fin de siglo" organizada pola Universidade de Vigo no verán de 1998-, Barreiro reflexiona sobre a arte e a súa filosofía particular: "se podría entender el arte como un jardín de vida artificial, un espacio de interacción de pequeños elementos significativos, que activados dinámicamente por la energía de la visión del espectador producen estructuras de carácter complejo". 2

Os invasores das superficies (Surface Invaders), son segundo o artista "un tipo de virus que se apodera en silencio de las ideas y una mañana al despertar, te las encuentras tan sólidas y tan comprimidas unas con otras que forman una masa compacta. Y todo está ahí, formando un denso cuerpo de materia filiforme e inestable. Con el tiempo esa masa se prolonga por tus ojos e invade el espacio, y el aire es un fluir denso que une objetos de densidades aún mayores, y las miradas se componen de infinitos hilos de fibra óptica, que se disparan aquí y allá a través de un aire de aceite y se introducen en las superficies vecinas". 2


1 Enciclopedia Galicia Arte. Arte Contemporáneo I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

2 Mitos de fin de siglo, Deputación Provincial de Pontevedra, Pontevedra, 2000.