The Brillo Boxes Shaking

The brillo boxes shaking

  Registro: 667

  Ano de creación: 2000

  Dimensións: 95 x 95 x 3.4 c/u (2 ud)

  Técnica: serigrafía mixta

Comentario:

Obra pertencente á exposición "Sample Colection", onde Fandiño fai unha reflexión sobre o capitalismo que se asenta por unha parte nunha tradición histórica e ideolóxica recoñecible, e por outra nas necesidades que o mesmo contorno foi xerando. Para iso válese de elementos extraídos do mercado nun exercicio de ironía e exhibición pública dun debate cada vez máis necesario entre produtor e consumidor de obxectos artísticos. En The Brillo Boxes Shaking, Suso Fandiño fai unha reinterpretación da obra de Warhol e cuestiónase os códigos da arte, dende o papel que desempeña o artista ata a relación e participación do espectador, propoñéndonos unha reflexión sobre Warhol e o Pop Art, ata que punto cabe o banal dentro da arte?