Varios personajes y caricaturas

Dibujo (I-12)

  Registro: 1058

  Dimensións: 27.7 x 20 cm

  Técnica: tinta chinesa e lapis de grafito sobre papel

Comentario:

No anverso deste debuxo representa personaxes masculinos e femininos, en ocasións caricaturizados, contemporáneos seus. No seu centro, moi esquematicamente, apunta un monumento.

Na parte superior do reverso hai unha lenda en francés de difícil lectura, baixo a que se encontra unha mancha de considerable tamaño e diverso orixe. Á dereita, con trazos moi sinxelos fai un apuntamento dun personaxe de perfil xenuflexionado.

A metade inferior ocúpaa unha posible representación onírica: un personaxe masculino con expresión de asombro, farrapento e semiespido, que se encontra sentado baixo o arco dunha ponte coas pernas e os brazos separados e abertos. Ao personaxe visítao unha deusa que flota no aire portando unha flor, que se eleva ao ceo. Á esquerda da deusa, un neno vestido e un anxo espido e alado, flotan tamén asidos aos extremos dunha vara. Ao fondo da escena adivíñase unha cidade.

Ao contrario que os anteriores debuxos, este último resulta de maior elaboración, pero sen deixar de ser un bosquexo.