Vicisitudes del plano nº 4

Vicisitudes del plano nº 4

  Dimensións: 40x40x40

Comentario:

    A principios dos 80' Caruncho realizou unha serie de cadros chamada Vicisitudes del Plano que tiñan o seu correspondente desenvolvemento en tres dimensións. Esta obra, realizada en ferro esmaltado, é a escultura de Vicisitudes del Plano Nº4.

    Segundo José Jiménez, mentres o triángulo (das súas épocas anteriores) constrúe e estrutura, o plano vive, experimenta vicisitudes: descomposicións e desarticulacións que nos falan das potencias disgregadoras, do conflito, das rupturas e, en último termo, da "morte", da morte da "forma perfecta", convertida tanto no emblema da morte humana e dos seres vivos, como dos procesos de cambio e desaparición do inerte.