Viento III

Viento III

  Dimensións: 193,5x209

Comentario:

    As obras de Nebreda caracterízanse por ser unha amálgama de emocións, xa que como ela mesma apunta: "na miña mente van quedando sensacións e iso é o que levo os cadros"1. Nelas crea atmosferas de espazos abertos con gran delicadeza e sensibilidade. Para iso, recorre a grises claros e brancos, que lle achegan gran luminosidade á composición, marcando a direccionalidade das pinceladas para recrear a violencia do vento. De forma abstracta, Nebreda remarca a impresión de desacougo que causa o forte vento, propio da estación invernal. Algúns críticos afirman que esta luz - e mesmo diriamos, o clima - propio de Galicia, posibilidade que pode ser acertada tendo en conta as longas temporadas que a artista pasa na Comunidade, debido ao seu matrimonio cun escritor galego. Unha vez máis, a pintora trasládanos as súas sensacións ante o vivido, invitándonos a participar nelas.


1 "En mi mente van quedando sensaciones y eso es lo que llevo a los cuadros; voy contruyendo mentalmente y  tratando de reflectir mis pensamientos alrededor de aquel modelo que en su momento me impacto". MALLO, A.: "O realismo persoal de Nebreda". En O Correo Galego (04/03/2001).